domingo, 12 de octubre de 2014

A ORIENTACIÓN COMO DEPORTE


ORIENTACIÓN.

A orientación é unha capacidade humana que nos axuda a determinar mentalmente donde nos atopamos con respecto a referencias espaciais coñecidas. Nesta capacidade é no que se basa a modalidade deportiva coñecida como orientación.

ORIENTACIÓN COMO MODALIDADE DEPORTIVA.

A orientación como deporte consiste nunha carreira de resistencia que se fai en terreo natural, non é un circuíto cerrado como pode ser unha carreira senon que este recorrido será determinado polos propios participantes, xa que hai que buscar unha serie de "postas" que hai que buscar e pasar por elas obligatoriamente.
Ao comezo da carreira a cada corredor se lle entrega un mapa para realizar o recorrido, e nel aparecen marcadas as balizas.
Cada participante ten que interpretar o mapa e pensar na forma de facer o menor recorrido e terminar no menor tempo posible; a orde na que se recorren as balizas é libre, cada un se deseña o seu propio recorrido.
O tipo de participantes (condicion física, experiencia previa...) determinará o número de balizas que se colocarán, a lonxitude do recorrido, e a dificultade do terreo(costas, estabilidade do terreo...)
Todo do que dispoñera o corredor será do seu mapa e unha búsola, con esto terá que facer fronte á carreira e tratar de rematar no menor tempo posible.

MODALIDADES

-Carreira individual e á luz do día: é a máis coñecida.
-Carreiras de orientación nocturna: aumenta a dificultade pola menor iluminación, con o cal se utilizan recorridos mais curtos e terreos máis fáciles. Os participantes usarán linternas frontais.
-Carreiras de orientación por relevos: cada participante dentro dun mesmo equipo realiza un percorrido individual, para determinar o resultado final sumaráse o tempo de cada un.
-Carreiras de orientación con esquís: realízase en terreo nevado e cada un dos participantes estará equipado cun equipo de esquí de fondo. Existen varias marcas que permiten escorres traxectos variados entre as balizas.
-Carreiras de orientación sobre outros medios de desplazamento: poden utilizarse bicicletas, piragua e outros medios, sendo estes dous os mais populares.

EXPERIENCIA PERSONAL

Nestas semanas de curso realizamos unha práctica de oriantación, no meu caso foi a primeira experiencia neste deporte.
Neste caso fixemos unha práctica de orientación individual e á luz do día, pero participamos en grupos.A zona elexida foi o parque de Rosalía, un terreo coñecido por casi todos, o que facilitou bastante facer o percorrido, ademais trátase dun terreo fácilmente practicable.
Ao inicio da practica primeiro tivemos que utilizar cada un de nós o mapa e facer un breve percorrido polo parque movendo o mesmo según nos desprazavamos para familiarizarnos con él. Despois de esto fixemos varios grupos para facer unha carreira de orientación. Cada grupo estaba formado por catro persoas,cada unha tiña asignado un número(1,2,3 e 4), e as balizas que se debían de atopar eran catro, tamén numeradas, en cada unha delas había unha sílaba. Para finalizar a carreira ao chegar ao final cada participante tiña que decir a sílaba correspondente ao seu número de baliza e así formar unha palabra.O grupo do que formei parte foi o que fixo o mellor tempo, asique gañamos a carreira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario