Técnica de carreira

Estas dúas semanas de clase tivemos a nosa primeira toma de contacto moitos de nós con o atletismo. Comezamos por a carreira; nós mesmos na práctica estivemos analizando diferentes aspectos a forma de correr dos nosos compañeiros, dende a posicion do tronco, da cabeza, movemento de brazos e pernas e apoio de pés.
Despois de o analizado en clase vou a facer unha breve análise da técnica de carreira.

En primeiro lugar debemos de ter en conta que cada corredor terá a súa propia técnica de carreira.

Existe un elemento común a ter en conta na técnica de carreira, este é as súas fases, que serán comúns para tódolos corredores. Estas son as seguintes:

-Amortiguamento: o pé toma contacto con o chan polo metatarso, xeralmente pola parte externa, facendo unha lixeira rotación. A medida que o centro de gravidade se desplaza hacia adiante o pé vai facendo esta rotación hacia dentro e o talón aproxímase ó chan, canto maior sexa esta aproximación, menor será a velocidade de desplazamento. Nesta fase producese unha certa decelaración, polo que a consideraremos unha fase negativa, fronte o impulso que antes mencionabamos que sería a fase activa.

-Apoio ou sostén: esta fase ten como principio o amortiguamento e como final o inicio da impulsión.  A perpendicular o centro de gravidade do corpo debe coincidir con a base de sustentacion do corredor. Nela tamén hai que ter moi en conta o apoio do pé no chan, asi como a tensión cadera-xeonllo-nocello, xa que poden influír negativamente na carreira se se fai un apoio excesivo do pé ou ben se flexionamos o xeonllo en exceso. A perna deberá atoparse flexionada nas súas tres articulacions, e o pé apoiado no chan polo metatarso.

-Impulso: unha vez que o centro de gravidade sobrepasa a perpendicular marcada desde o punto de apoio, producese unha extensión das articulacions, que finaliza ó despegarse a punta do pé do chan. A fase de impulsión debe de realizarse con o metatarso, evitando apoiar o pé completo no chan; esto faise con o fin de diminuír o rozamento con o chan e aumentar a reactividade da musculatura implicada na impulsión. Como xa explicaba, a perna de impulso debe de estar completamente extendida, habendo diferencias entre o tempo de extensión de uns corredores a outros. O corredor desplazarase cara arriba e cara adiante. Esta é a fase activa da carreira.

-Fase aérea: esta fase comeza cando o centro de gravidade pasa por diante da cabeza dos metatarsianos da perna de impulso e acaba cando o pé da perna libre toma contacto con o chan. A perna fai un movemenmto de recollida primeiro por inercia e despois voluntariamente. Débese de tratar que esta fase teña unha duración óptima, sen alongalo demasiado e que o centro de gravidade non se desplace cara arriba.

Outro dos aspectos a ter en conta é a posición do tronco e a cabeza:

-Posición de tronco: a posición deste debe de facilitar o movemento das extremidades. O correcto sería unha lixeira inclinación hacia adiante, que variaría en función da velocidade do corredor.

-Posición da cabeza: esta debe de ser unha prolongación do tronco, polo que debe de manterse a mirada nun punto lonxano. A tension dos músculos da cabeza debe de ser a menor posible.

Debemos de ter en conta tamén a acción dos brazos, o obxectivo é coordinar o movemento de brazos con o das extremidades inferiores con o fin de equilibralo de forma rítmica. Os brazos deben de estar sempre flexionados, con un angulo aproximado de entre uns 80 e 100 grados.

Un elemento mais da técnica de carreira é amplitude e a frecuencia de zancada.

-Amplitude de zancada:esta sería a distancia que avanzamos con cada paso, para calculala debemos de contar os pasos que damos nunha determinada distancia, e logo dividilos entre esta distancia.

-Frecuencia de zancada: esto é o número de pasos que damos por unidade de tempo.

Por último debemos de ter en conta a posta en acción, dependendo da modalidade podemos atoparnos con unha saida de tacos, ou saida de pé. A saída de tacos é a mais complexa e por iso cómpre facer unha breve análise. para isto vou a utilizar un vídeo que explica con imaxes a posición do corpo nas diferentes fases da saida.





Ata aqui esta breve análise da técnica de carreira, para facela utilicei a teoría dada en clase e información de diferentes páxinas relacionadas co atletismo para completar a información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario