jueves, 16 de octubre de 2014

As carreiras de marcha



AS CARREIRAS DE MARCHA

Defínese como unha progresión de pasos executados de modo que o atleta se manteña en contacto con o chan en todo momento, co fin de que non se produza pérdida de contacto visible.

A perna que avanza debe de estar recta dende o momento do primeiro contacto con o chan ata que está en posición vertical.
estes dous aspectos son moi importantes xa que o non contacto con o chan oua a flexión da perna adiantada durante todo o tempo que esta esté en contacto con o chan será advertido polos xuíces.



En canto ás normas polas que se rixen estas carreiras debemos de distinguir:

-Aviso: os atletas serán avisados cando pola sús forma de progresar corren risco de incumplir a normativa. Non serán obxecto de advertencia de un mesmo xuíz por unha mesma infracción.

-Advertencia: é a proposta de descalificación de cada xuíz. Esta realízarase cando os atletas incumplan calquera dos dous aspectos antes mencionados, ou ben por perda de contacto con o chan, ou ben por flexionar a perna adiantada dende que avanza ata que chega á posición vertical.

-Descalificación: dárase cando un mesmo atleta recibe tres advertencias de tres xuíces diferentes.

Hai que ter en conta diversos aspectos:

-A descalificación dun atleta comunícaraselle a través do xuíz xefe ou ben do adxunto deste.
_Nunca dous xuíces da mesma nacionalidade terán a facultade de descalificar.
-Pódese descalificar un atleta ó finalizar unha carreira se ó longo do transcurso desta non se lle puido notificar.

Para facer coñecer estas sancións ós atletas utilizanse uns elementos visuais:



A paleta amarela utilízarase para advertir; distinguese entre os dous motivos de advertencia posible gracias ó debuxo que aparece nela.
Se o atleta ve a primeira, saberá que a norma que esta infrinxindo é a de contacto con o chan.
Se o atleta ve a segunda, saberá que a norma que está infrinxindo é a de flexión de rodilla.

A paleta vermella utilízarase para notificar a descalificación do atleta.

domingo, 12 de octubre de 2014

A ORIENTACIÓN COMO DEPORTE


ORIENTACIÓN.

A orientación é unha capacidade humana que nos axuda a determinar mentalmente donde nos atopamos con respecto a referencias espaciais coñecidas. Nesta capacidade é no que se basa a modalidade deportiva coñecida como orientación.

ORIENTACIÓN COMO MODALIDADE DEPORTIVA.

A orientación como deporte consiste nunha carreira de resistencia que se fai en terreo natural, non é un circuíto cerrado como pode ser unha carreira senon que este recorrido será determinado polos propios participantes, xa que hai que buscar unha serie de "postas" que hai que buscar e pasar por elas obligatoriamente.
Ao comezo da carreira a cada corredor se lle entrega un mapa para realizar o recorrido, e nel aparecen marcadas as balizas.
Cada participante ten que interpretar o mapa e pensar na forma de facer o menor recorrido e terminar no menor tempo posible; a orde na que se recorren as balizas é libre, cada un se deseña o seu propio recorrido.
O tipo de participantes (condicion física, experiencia previa...) determinará o número de balizas que se colocarán, a lonxitude do recorrido, e a dificultade do terreo(costas, estabilidade do terreo...)
Todo do que dispoñera o corredor será do seu mapa e unha búsola, con esto terá que facer fronte á carreira e tratar de rematar no menor tempo posible.

MODALIDADES

-Carreira individual e á luz do día: é a máis coñecida.
-Carreiras de orientación nocturna: aumenta a dificultade pola menor iluminación, con o cal se utilizan recorridos mais curtos e terreos máis fáciles. Os participantes usarán linternas frontais.
-Carreiras de orientación por relevos: cada participante dentro dun mesmo equipo realiza un percorrido individual, para determinar o resultado final sumaráse o tempo de cada un.
-Carreiras de orientación con esquís: realízase en terreo nevado e cada un dos participantes estará equipado cun equipo de esquí de fondo. Existen varias marcas que permiten escorres traxectos variados entre as balizas.
-Carreiras de orientación sobre outros medios de desplazamento: poden utilizarse bicicletas, piragua e outros medios, sendo estes dous os mais populares.

EXPERIENCIA PERSONAL

Nestas semanas de curso realizamos unha práctica de oriantación, no meu caso foi a primeira experiencia neste deporte.
Neste caso fixemos unha práctica de orientación individual e á luz do día, pero participamos en grupos.A zona elexida foi o parque de Rosalía, un terreo coñecido por casi todos, o que facilitou bastante facer o percorrido, ademais trátase dun terreo fácilmente practicable.
Ao inicio da practica primeiro tivemos que utilizar cada un de nós o mapa e facer un breve percorrido polo parque movendo o mesmo según nos desprazavamos para familiarizarnos con él. Despois de esto fixemos varios grupos para facer unha carreira de orientación. Cada grupo estaba formado por catro persoas,cada unha tiña asignado un número(1,2,3 e 4), e as balizas que se debían de atopar eran catro, tamén numeradas, en cada unha delas había unha sílaba. Para finalizar a carreira ao chegar ao final cada participante tiña que decir a sílaba correspondente ao seu número de baliza e así formar unha palabra.O grupo do que formei parte foi o que fixo o mellor tempo, asique gañamos a carreira.



jueves, 9 de octubre de 2014

Normas en paso de vallas


Un dos temas que estamos a estudiar estos días e o paso de vallas, aqui quero reflexar 

as normas que rixen esta disciplina, xa que en calquera deporte para comezar debemos
de saber esto.
As carreiras de vallas son probas de velocidade nas que o atleta debe pasar unha serie de 10 barreiras ou vallas. O programa olímpico inclúe catro probas de vallas: 110 metros para homes, 100 metros para mulleres e 400 metros para homes e mulleres.
En estas probas (100 y 110 m.v.) tan sólo hai 10 vallas. A situación de ditas vallas na pista será distinta en cada proba.


100 METROS FEMiNINO

Na carreira de 100 metros,la primeira valla está a 13 metros da línea de saida, e o intervalo entre as vallas é de 8,5 metros e hai unha distancia de 10,5 metros entre a última valla e a chegada. A valla ten unha altura de 84 cms.


110 METROS MASCULINO

Nos 110 metros, a primeira valla está a 13,72 metros da línea de salida, o intervalo entre as vallas é de 9,14 metros e la última atópase a 14 metros da chegada. A valla, en esta proba, é de 1,06 metros.





REGRAMENTO

A parte superior da valla ha de ser de madeira e raiada. As raias brancas están no extremo. As barras que soportan a parte superior son de metal.
O deseño da valla é tal que é preciso exercer una presión de 3,600 kgs. como mínimo e 4 kgs. como máximo para derribala.

Nas carreiras, cada corredor ten una calle. Un corredor será descalificado por calquera das seguintes razons:
a) Si o corredor pasa o pé ou a perna polo exterior da valla.
b) Si pasa unha valla que non está na sua calle.
c) Si derruba intencionadamente con la man ou o pé a valla.

Moitos correredores aproveitan a sua estatura para arañar algunhas décimas de segundo nas chegadas apretadas, polo que suele ser común o emprego da foto-finish.

jueves, 2 de octubre de 2014

TÉCNICA DE CARREIRA

Estas dúas semanas de clase tivemos a nosa primeira toma de contacto moitos de nós con o atletismo. Comezamos por a carreira; nós mesmos na práctica estivemos analizando diferentes aspectos a forma de correr dos nosos compañeiros, dende a posicion do tronco, da cabeza, movemento de brazos e pernas e apoio de pés.
Despois de o analizado en clase vou a facer unha breve análise da técnica de carreira.

En primeiro lugar debemos de ter en conta que cada corredor terá a súa propia técnica de carreira.

Existe un elemento común a ter en conta na técnica de carreira, este é as súas fases, que serán comúns para tódolos corredores. Estas son as seguintes:

-Amortiguamento: o pé toma contacto con o chan polo metatarso, xeralmente pola parte externa, facendo unha lixeira rotación. A medida que o centro de gravidade se desplaza hacia adiante o pé vai facendo esta rotación hacia dentro e o talón aproxímase ó chan, canto maior sexa esta aproximación, menor será a velocidade de desplazamento. Nesta fase producese unha certa decelaración, polo que a consideraremos unha fase negativa, fronte o impulso que antes mencionabamos que sería a fase activa.

-Apoio ou sostén: esta fase ten como principio o amortiguamento e como final o inicio da impulsión.  A perpendicular o centro de gravidade do corpo debe coincidir con a base de sustentacion do corredor. Nela tamén hai que ter moi en conta o apoio do pé no chan, asi como a tensión cadera-xeonllo-nocello, xa que poden influír negativamente na carreira se se fai un apoio excesivo do pé ou ben se flexionamos o xeonllo en exceso. A perna deberá atoparse flexionada nas súas tres articulacions, e o pé apoiado no chan polo metatarso.

-Impulso: unha vez que o centro de gravidade sobrepasa a perpendicular marcada desde o punto de apoio, producese unha extensión das articulacions, que finaliza ó despegarse a punta do pé do chan. A fase de impulsión debe de realizarse con o metatarso, evitando apoiar o pé completo no chan; esto faise con o fin de diminuír o rozamento con o chan e aumentar a reactividade da musculatura implicada na impulsión. Como xa explicaba, a perna de impulso debe de estar completamente extendida, habendo diferencias entre o tempo de extensión de uns corredores a outros. O corredor desplazarase cara arriba e cara adiante. Esta é a fase activa da carreira.

-Fase aérea: esta fase comeza cando o centro de gravidade pasa por diante da cabeza dos metatarsianos da perna de impulso e acaba cando o pé da perna libre toma contacto con o chan. A perna fai un movemenmto de recollida primeiro por inercia e despois voluntariamente. Débese de tratar que esta fase teña unha duración óptima, sen alongalo demasiado e que o centro de gravidade non se desplace cara arriba.

Outro dos aspectos a ter en conta é a posición do tronco e a cabeza:

-Posición de tronco: a posición deste debe de facilitar o movemento das extremidades. O correcto sería unha lixeira inclinación hacia adiante, que variaría en función da velocidade do corredor.

-Posición da cabeza: esta debe de ser unha prolongación do tronco, polo que debe de manterse a mirada nun punto lonxano. A tension dos músculos da cabeza debe de ser a menor posible.

Debemos de ter en conta tamén a acción dos brazos, o obxectivo é coordinar o movemento de brazos con o das extremidades inferiores con o fin de equilibralo de forma rítmica. Os brazos deben de estar sempre flexionados, con un angulo aproximado de entre uns 80 e 100 grados.

Un elemento mais da técnica de carreira é amplitude e a frecuencia de zancada.

-Amplitude de zancada:esta sería a distancia que avanzamos con cada paso, para calculala debemos de contar os pasos que damos nunha determinada distancia, e logo dividilos entre esta distancia.

-Frecuencia de zancada: esto é o número de pasos que damos por unidade de tempo.

Por último debemos de ter en conta a posta en acción, dependendo da modalidade podemos atoparnos con unha saida de tacos, ou saida de pé. A saída de tacos é a mais complexa e por iso cómpre facer unha breve análise. para isto vou a utilizar un vídeo que explica con imaxes a posición do corpo nas diferentes fases da saida.





Ata aqui esta breve análise da técnica de carreira, para facela utilicei a teoría dada en clase e información de diferentes páxinas relacionadas co atletismo para completar a información.